A Xunta pon en marcha este mes de marzo un ciclo de xornadas formativas no catro provinicias galegas para achegar aos propiestarios de Vivendas de Uso Turístico as ferramentas que a Xunta pon á súa disposición para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación, como así se establece desde comezos deste ano.
Así, os técnicos da Consellería informarán os participantes nestes encontros sobre casos prácticos e resolución de dúbidas sobre medidas que lles afectan directamente, como a obrigatoriedade de incorporar o seu número de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) nas plataformas nas que se oferten ou sobre o uso da ferramenta tecnolóxica posta en marcha pola Xunta para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación.
O programa inclúe sete reunións informativas nas áreas de influencia do cinco delegacións territoriais e serán de asistencia gratuíta previa inscrición. As primeiras xa tiveron lugar en Ourense e Lugo mentres que en Santiago será o 5 de marzo ás 11,00 horas, no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e tamén ese día ás 17,00 horas en Ribadeo, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. O salón de actos da Delegación territorial da Xunta en Vigo será a sede da reunión do martes 10 de marzo ás 12,00 horas. Por último, o 12 de marzo está programada unha sesión informativa na sala de conferencias da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra, tamén ás 12,00 horas.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente nas direccións correspondentes ás delegacións territoriais. Para as sesións da provincia da Coruña deberán solicitar praza en turismo.areacoruna@xunta.gal; para as da provincia de Lugo en area.turismo.lugo@xunta.gal; para as de Ourense en turismo.ourense@xunta.gal e para as da provincia de Pontevedra en axencia.turismo.pontevedra@xunta.gal.