Formacion

  • A sesión inaugural reuniu a expertos en intelixencia artificial e profesionais do turismo galego para analizar as oportunidades que ofrece a IA na xestión e sostibilidade do sector

 

O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acolleu a semana pasada a xornada de presentación do programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia.

 

O encontro reuniu a numerosos profesionais do turismo galego e a expertos en tecnoloxía e innovación, que compartiron a súa visión sobre como a intelixencia artificial pode impulsar a competitividade, a eficiencia e a sostibilidade do turismo.

 

A apertura institucional correu a cargo de Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas; Romina Fernández, directora de Turismo da Deputación de Pontevedra; e Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia. A clausura estivo presidida polo director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López.

 

Durante a xornada interviñeron profesionais de entidades de referencia en innovación e transformación dixital, como José Antonio Cano (Crowe Spain), Joaquim Morera (deepsense), Raquel Lorenzo (Cloud District), Raúl García (Neuromobile), Anxo Varela (Universidade de Santiago de Compostela), Susana García (autora de “IA desde cero”), Juan Aís (deseñador e antropólogo) e Irlui Ramírez (de Consultores Hostaleiros Integrais).

 

O evento serviu para poñer en valor a importancia de incorporar a IA á xestión turística e fomentar unha transformación dixital real no tecido empresarial galego, desde a atención ao cliente e o márketing ata a automatización de procesos ou a interpretación de datos.

 

  • Abertas as inscricións para o programa formativo completo

 

Tralo éxito desta xornada inaugural, o programa “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector” continuará con catro sesións de formación presenciais: 26 de novembro, 27 de novembro, 17 de decembro e 18 de decembro. Están orientadas ao uso práctico de ferramentas dixitais e intelixencia artificial aplicadas ao turismo.

 

As prazas son limitadas (20 participantes) e as inscricións xa están dispoñibles a través do seguinte formulario.

 

18 de Novembro de 2025

Éxito de participación na xornada “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, celebrada en Ponteareas

A sesión inaugural reuniu a expertos en intelixencia artificial e profesionais do turismo galego para analizar as oportunidades que ofrece a IA na xestión e sostibilidade […]
11 de Novembro de 2025

Abertas as inscricións para a xornada e o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

O Clúster Turismo de Galicia impulsa xunto á Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia unha formación pioneira para achegar a intelixencia artificial ao tecido turístico […]
08 de Setembro de 2025

Consulta la programación formativa de Turismo de Galicia para este otoño con cursos de idiomas y webinars sobre transformación digital

Turismo de Galicia anunciou a posta en marcha dunha nova oferta formativa para profesionais do sector turístico, enmarcada no Plan de Formación 2025, coa que se […]
08 de Setembro de 2025

O CIFP Carlos Oroza lanza un curso gratuíto de Servizos de Restaurante para traballadores de empresas do Clúster

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra acaba de abrir a inscrición para unha formación exclusiva en servizos de restaurante, dirixida de […]