Convocatoria do INEGA de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para 2015 dirixidas ao noso sector

Convocatoria do INEGA de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para 2015 dirixidas ao noso sector

ahorro-energetico-680x483

Co obxectivo de potenciar proxectos que contribúan á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca a concesión de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do noso sector. A inversión mínima por proxecto debe ser de 6.000 €, e a máxima de 100.000 €. A intensidade da subvención será do 30% do gasto elixible, dentro dos límites comentados.

Por sector servizos se entenderán as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L ,M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Por sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na Sección C ou D do CNAE-2009.

En canto ao gasto subvencionable, se entende por tales:

  1. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consu­midores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxi­liares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.

  2. A renovación de equipamentos de instalacións existentes no sector industrial de pro­dución de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20% respecto do consumo inicial.

  3. A substitución de equipamentos no sector servizos para a produción de calor e/ou frío por outros seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo ini­cial.

  1. A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.

  2. A implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidade acreditada durante o período de xustificación.

  3. Os sistemas de procesamento avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético da empresa.

  4. Calquera outra actuación, non recollida nos números anteriores, que implique un afo­rro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

O prazo de presentación é de 30 días naturais desde hoxe. (Ata o día 11 de febreiro). Non se subvenciona nin o proxecto de enxeñería nin a obra civil, así como tampouco a licenza, IVE ou a ampliación da capacidade de produción de enerxía.

Podedes consultar toda a información, requerimentos e documentación para facer a solicitude, que ha de remitirse exclusivamente vía electrónica nas bases da convocatoria