Encabezado

BOLETÍN NOTICIAS CTG
27/06/2022

NOTICIAS

Galicia reforzou o vínculo entre o Camiño de Santiago e Alemaña con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt

O Clúster Turismo de Galicia participou xunto cunha representación empresarial especializada na ruta nos workshops organizados pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22.

Jesús Picallo destacou en terras xermanas que Galicia é un destino preparado, acolledor e altamente especializado nun tipo de turismo pausado, non masificado e con inquietudes espirituais e culturais.

Alemaña é o segundo país que máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago, unha tradición case tan antiga como o propio Camiño, xa que existe documentación desde o século IX do culto ao Apóstolo en terras xermanas. Así o destacou a semana pasada en Hamburgo e Frankfurt o vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia, Jesús Picallo, na súa intervención tras os workshops organizados pola Axencia Turismo de Galicia, no marco da presentación do Xacobeo 22-22.

[:es]Elixe Galicia permite a las personas de esta Comunidad hacer viajes internos con una bonificación de un 40 por cientoElixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por centoElixe Galicia allows the people of this Community to make internal trips with a 40 percent discount

O presidente do Clúster traslada ao PP de Galicia os problemas que orixina o novo decreto de rexistro de viaxeiros

Tras o seu encontro con Cesáreo  Pardal, o deputado Borja Verea anunciou que o grupo popular pedirá ao Goberno central que paralice o real decreto que multiplica os datos que teñen que solicitar os aloxamentos aos seus clientes.

Os problemas orixinados polo novo real decreto que regula o rexistro de viaxeiros centraron a reunión mantida entre o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo  Pardal, e o deputado do PP no Parlamento de Galicia Borja Verea. Durante ese encontro Cesáreo Pardal explicou que a modificación normativa impulsada polo Goberno Central supón unha importante sobrecarga de traballo para os responsables dos establecementos de aloxamento, así como para os negocios de alugueiro de vehículos, ao aumentar de forma notable os datos que deben solicitar aos clientes.

O novo texto incrementa ata unha trintena o número de datos que han de recoller, suscita dúbidas legais sobre o tratamento e almacenamento dalgúns deses datos e ademais establece un réxime sancionador con multas de ata 30.000 euros por non xestionar de forma adecuada ese rexistro.

Ler máis

[:es]Unas 60 empresas se han adherido ya a las ofertas Carné Joven Europeo a través del Clúster Turismo de GaliciaUnhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia Some 60 companies have already joined the European Youth Card offers through the Galicia Tourism Cluster

Máis ciclos e investimentos para a Formación Profesional na rama turística e hostaleira

O presidente da Xunta destaca a contribución destas ensinanzas ao éxito actual do turismo galego.

Alfonso Rueda percorreu o CIFP Carlos Oroza acompañado polo conselleiro Román Rodríguez e o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal.

Os ciclos de Formación Profesional da rama da hostalería e o turismo están en auxe e desempeñan un papel clave na mellora de ambos sectores en Galicia. Sete centros integrados de FP e nove institutos imparten estudos nestes ámbitos sumando no presente curso un total de 3.190 alumnos, segundo os datos da Xunta. A intención do Goberno galego é reforzar esta oferta formativa, segundo anunciou esta semana o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a visita realizada ao CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, e na que tamén tomou parte o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.