MELLORA DA SUSTENTABILIDADE NAS EMPRESAS TURÍSTICAS GALEGAS

Carga Mapa....

Fecha/Hora
Date(s) - 25/04/2019
12:00 - 14:00

Ubicación
Aula Seminario do Museo Centro Gaiás

Categorías


O sector turístico ten unha ampla marxe de mellora no que respecta á eficiencia enerxética. Por iso, un dos retos específicos da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 é a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade (reto 1) e, en concreto, como recolle o obxectivo estratéxico 1.4, a “sustentabilidade das infraestruturas turísticas”.

Así, tal e como se indica no Plan, é necesario sensibilizar o empresariado turístico galego sobre a importancia de mellorar o sector desde o punto de vista da sustentabilidade, facendo especial fincapé en que a relación calidade/medio natural axuda a optimizar os custos empresariais.

 

O vindeiro xoves 25 de abril de 2019 celebrarase en Santiago de Compostela, no Aula Seminario do Museo Centro Gaiás, a xornada “Mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas”.

 

Os principais obxectivos desta xornada son:

  1. A sensibilización e demostración de boas prácticas en materia medioambiental
  2. O impulso de medidas de aforro e eficiencia enerxética
  3. A difusión de ferramentas que faciliten a aplicación de melloras

 

Programa da xornada:

 

12:00 Apertura da xornada

  • Cesáreo González Pardal. Presidente do Clúster de Turismo de Galicia

12:10 Como asegurar a rendibilidade facendo un investimento de eficiencia enerxética?

  • Gerardo Rodríguez Vázquez. Director técnico de EnergyLab

12:40 A xeotermia. Que é e como utilizala

  • Manuel Eusebio Vázquez Alfaya. Enxeñeiro industrial – profesor titular da Universidade de Vigo. Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade.

13:00 Casos prácticos de aplicación da xeotermia

  • Manuel López Portela. Presidente de ACLUXEGA e CEO de ENETRES.

13:25 Caso de éxito: Xeotermia nunha empresa turística

  • José Antonio Formoso Mourelos. Xerente do Hotel Bela Fisterra

13:40 Axudas para afrontar un proxecto de mellora da eficiencia enerxética

  • Belen Sío Lourido. Directora de ACLUXEGA

13:45 Debate

14:00 Clausura da xornada

 

PROGRAMA DA XORNADA

 

Tira logos

Formulario

Este evento está totalmente reservado.