Galicia acada cifras históricas en turismo e internacionalización en 2024

  • O turismo internacional crece, consolidando un peso do 31%.
  • O Camiño de Santiago pecha o ano con case medio millón de compostelas expedidas.

 

O 2024 pechou como un ano récord para o turismo galego, consolidando o seu atractivo internacional e desestacionalizando a súa oferta. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), entre xaneiro e novembro aloxáronse en Galicia preto de 7 millóns de viaxeiros, acumulando máis de 13 millóns de noites en aloxamentos, unas cifras en máximos históricos.

 

O turismo internacional continúa gañando terreo, representando o 31% da demanda total e superando por primeira vez as 4 millóns de pernoitas neste segmento, o que supón un aumento do 4,4%. Este crecemento reflíctese tamén nas casas rurais, onde a presenza de viaxeiros internacionais subiu un notable 21,4%.

 

Ademais, a desestacionalización do turismo mostra resultados positivos con incrementos destacados en meses como marzo (+26,4%, grazas á Semana Santa) e novembro (+12,2%).

 

En termos económicos, a rendibilidade hoteleira medrou un 7,1% respecto ao ano anterior, alcanzando os 413 millóns de euros en ingresos acumulados ata novembro, superando incluso os niveis previos á pandemia.

 

Doutra banda, o Camiño de Santiago pechou 2024 con cifras récord, rozando as 500.000 compostelas expedidas, un 12% máis que en 2023. Este fenómeno segue atraendo un perfil cada vez máis internacional: o 58% dos peregrinos proceden do estranxeiro, sendo Estados Unidos, Italia e Alemaña os principais países de orixe.

 

Galicia reafirma a súa posición como un destino turístico global e diverso, capaz de atraer visitantes durante todo o ano, combinando tradición, cultura e natureza.