Coa chegada do 2024, chega tamén a Feira Internacional de Turismo (FITUR). Un ano máis, o Clúster Turismo de Galicia xestionará o espazo de negocios do stand de Galicia, no que poñerá a disposición dos asociados 13 mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos.
Desde o Clúster habilitouse a conta de correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com para a solicitude de reservas de data e hora para as mesas. No correo deberase indicar a empresa e o operador co que se vai realizar a reunión, así como o número de persoas que asistirán á reunión. Para cada encontro estableceuse unha franxa de 30 minutos de duración. Ademais disto, na propia feira, os asociados terán á súa disposición unha persoa que se encargará da xestión destas citas, e do control das mesas.
A Feira Internacional de Turismo celebrarase do 24 ao 28 de xaneiro en IFEMA, Madrid. O acceso profesional será do 24 ata o 26 de xaneiro, cun horario desde as dez da mañá ata as sete da tarde.
Se estás interesado en asistir ao evento, lembra que podes conseguir o teu pase profesional con desconto ata o 28 de decembro a través da páxina web de FITUR. O pase profesional de 1 día ten un prezo de 21 € (12 € co desconto); mentres que o pase profesional permanente ten un prezo de 42 € (24 € co desconto).