Turismo Sostenible

  • As formacións gratuítas impartidas neste verán contan con temáticas estratéxicas en sostibilidade empresarial.

A Open Academy Spain é unha plataforma de formación gratuíta impulsada polo Pacto Mundial da ONU España para axudar a formar en sostibilidade a empresas españolas, sen importar o seu tamaño ou sector de actividade.

 

Estas formacións teñen por finalidade trasladar ás empresas españolas os dez principios do pacto mundial da ONU e 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), contribuíndo a sensibilizar ao maior número de compañías españolas nesta materia, axudando así a catalizar os seus esforzos para acelerar a contribución da Axenda 2030 de Nacións Unidas.

 

Entre as formacións dispoñibles este verán, dúas delas están enfocadas na sostibilidade empresarial: o curso “Empresas e sostibilidade” e a píldora formativa sobre como comunicar os progresos en sostibilidade a través do reporte. Estes dous cursos formativos axudaranche a entender mellor como abordar estes temas na túa compañía.

 

Ademais dentro da páxina da Open Academy Spain comparten outros recursos para que coñezas os resultados da consulta empresarial en ODS elaborada polo Pacto Mundial da ONU España e o seu informe sobre a gobernanza como elemento transformador nas empresas.

 

Animámoste a que coñezas a Open Academy Spain e aprendas ao teu ritmo. Podes rexistrarte a través desta ligazón e acceder a tódolos contidos exclusivos.

06 de Agosto de 2024

Aberta a convocatoria gratuíta de cursos de formación do Pacto Mundial da ONU

As formacións gratuítas impartidas neste verán contan con temáticas estratéxicas en sostibilidade empresarial. A Open Academy Spain é unha plataforma de formación gratuíta impulsada polo Pacto […]
23 de Xullo de 2024

Consellos para un verán circular nos establecementos aloxativos

As tres R: reducir, reutilizar e reciclar, son as tres claves dun verán perfecto nos aloxamentos. A chegada do verán supón un aumento de turistas na […]
09 de Xullo de 2024

Aberta a convocatoria do IGAPE de axudas á implantación de criterios ambientais, sociais e de gobernanza nas pemes galegas

A convocatoria, de concorrencia non competitiva, está aberta ata o 16 de setembro de 2024. Promove axudas de ata 200.000 € segundo a tipoloxía de proxecto […]
09 de Xullo de 2024

Crecemento do turismo sostible na Illa de Cortegada: un 66% máis desde 2021

Estímase que o arquipélago reciba unha media de 2.000 visitantes na tempada alta. O turismo sostible atopou na Illa de Cortegada un refuxio próspero. Coñecida por […]