Turismo Sostenible

  • O acordo entre Clúster e ME Renewing facilita ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética.

O acordo entre o Clúster de Turismo de Galicia e Mota-Engil Renewing segue a gañar impulso, con máis de 40 empresas turísticas interesadas na instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos nos seus establecementos. Esta iniciativa, que facilita a adaptación do sector á transición enerxética sen necesidade de investimento por parte das empresas, espertou un grande interese no sector.

 

Un modelo sen custos e con beneficios compartidos

 

Grazas a este acordo, as entidades turísticas só precisan dispoñer dun espazo adecuado, mentres que Mota-Engil Renewing, a través da súa participada Remo Mobility, previo estudo e análise da oportunidade, encárgase da instalación, operación e mantemento das estacións de recarga. Ademais, as empresas participantes poderán beneficiarse dun modelo de ingresos compartidos baseado no uso dos puntos de recarga e outros factores como a localización, o acceso á rede ou a actividade do negocio.

 

Aposta pola sostibilidade e a competitividade

 

Esta iniciativa reforza o compromiso do sector turístico galego coa sostibilidade e responde á crecente demanda de servizos de recarga por parte dos viaxeiros que optan pola mobilidade eléctrica. Ademais, impulsa a economía local, xa que no proceso de instalación contarase con empresas galegas e tecnoloxía con garantía europea.

 

Se a súa empresa está interesada, ten á súa disposición o contacto directo de Remo Mobility – Julián Villarrica: jvillarrica@remo-mobility.com e o seu teléfono 678 591 229 para que realicen una evaluación gratuita y propuesta del potencial de su establecimiento.

11 de Febreiro de 2025

Medra o interese do sector turístico galego pola mobilidade eléctrica: máis de 40 empresas xa solicitaron propostas para a instalación de puntos de recarga

O acordo entre Clúster e ME Renewing facilita ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética. O acordo entre o Clúster de Turismo […]
28 de Xaneiro de 2025

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ segue a medrar

Ideas Peregrinas, Bodegas Terras Gauda, Villa Boutique 1880, Hotel A Finca, Hotel Spa Nanín Playa, Portomiño, Hotel Zenit Vigo e Naviaventours son as novas empresas que […]
02 de Xaneiro de 2025

Galicia recibe o premio ao Destino Sostible do Ano pola revista Viajar

A sostibilidade, un dos piares turísticos de Galicia. Madrid foi o escenario onde Galicia reafirmou a súa posición como referente turístico sostible. Na terceira edición dos […]
17 de Decembro de 2024

O Clúster de Turismo e Mota-Engil Renewing facilitan ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética para vehículos eléctricos

As entidades turísticas interesadas só terán que poñer un espazo adecuado ao dispor da empresa, que asumirá todos os custos de investimento e mantemento da estación. […]