Turismo Sostenible

  • A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta desde o 7 de xuño ás 00:00 horas ata o 6 de xullo ás 23:59 horas.
  • Poden optar a ela as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos, ou concellos e entidades instrumentais que xestionen servizos públicos.
  • Este ano tamén se inclúe a marca “S” de Sustentabilidade Turística para aquelas persoas que conten previamente e/ou ao mesmo tempo coa certificación da “Q” de Calidade Turística.

 

A Xunta de Galicia convoca as subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE a obxecto da obtención e/ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

 

A liña de axudas, que se concederá en réxime de concorrencia competitiva, poderase solicitar a partir das 00:00 horas do 7 de xuño, e ata as 23:59 horas do 6 de xullo. Poderán optar a esta subvención tanto as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos de servizos turísticos, coma os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local.

 

Considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística “Q” do ICTE. Poderanse subvencionar os gastos de auditoría externa e os custos derivados dos dereitos de uso da marca “Q” unha vez completada a certificación, seguimento e/ou renovación de marca. Ademais, este ano tamén se inclúe a marca “S” de Sustentabilidade Turística para aquelas persoas ou entidades que conten previamente e/ou ao mesmo tempo coa certificación da “Q” de Calidade Turística, podendo cubrir as cotas dos dereitos de uso desta marca para o ano 2023.

 

Aquelas entidades ou servizos turísticos que soliciten a adhesión por primeira vez, deberán presentar o certificado do ICTE sobre a solicitude, un orzamento desagregado por conceptos das actuacións a realizar, un orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE referido aos custos de auditoría externa da marca do presente ano, e outro correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso.

 

A subvención conta cun crédito total de 170.000 €, dos cales 160.000 € se destinan a entidades privadas e 10.000 € a concellos. A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que alcancen os proxectos presentados, podendo ser do 60%, do 65% ou do 70%. No caso dos custos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento/renovación do 2022, a contía da axuda terá unha intensidade do 30%.

 

Para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca “Q”, a contía máxima será de 2.000 €, e de 1.000 € para procesos de seguimento. Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice coa modalidade multi-site, o importe será de 3.000 € para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca “Q”, e de 2.000 e para procesos de seguimento.

 

Podes acceder á convocatoria a través da sede electrónica oficial da Xunta de Galicia, co código de procedemento TU970A.

06 de Xuño de 2023

A Xunta convoca as axudas para a obtención ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística e da “S” de Sustentabilidade Turística

A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta desde o 7 de xuño ás 00:00 horas ata o 6 de xullo ás 23:59 horas. Poden optar a […]
02 de Xullo de 2022

As bandeiras azuis, un aliciente de calidade para gozar do verán en Galicia

As bandeiras azuis, un aliciente de calidade para gozar do verán en Galicia Un total de 112 areais galegas locen este ano unha insignia que tamén […]
21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]