O Clúster participou no Salón Turístico de Galicia cun espazo propio e facilitando o acceso das empresas galegas á bolsa de contratación.

 

A undécima edición de Turexpo Galicia celebrouse en Silleda entre o 2 e o 5 de xuño no marco da 44ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia baixo un ambiente de optimismo acerca da tempada estival. A participación do Clúster Turismo de Galicia centrouse na posta en valor do destino Galicia contando para iso cun espazo expositivo e colaborando na distribución de 25 pases a empresas que participaron na bolsa de contratación. Un total de 35 operadores de 11 países estiveron presentes na devandita feira, contribuíndo tamén á estratexia de internacionalización que o noso turismo impulsou durante este último exercicio.

 

As empresas puideron mostrar en Turexpo os seus produtos e servizos turísticos, tanto a operadores do sector turístico fomentando vínculos comerciais, como mesmo a posibles visitantes, que fundamentalmente durante as xornadas da fin de semana se achegaron ás instalacións do recinto feiral de Silleda.

 

Púidose comprobar como boa parte destes operadores manifestaron o seu interese en produtos e servizos turísticos sostibles (Camiño de Santiago, ecoturismo, turismo gastronómico, turismo accesible,…) poñendo en evidencia a importancia da preservación da nosa contorna por parte de quen nos visita.

 

Na bolsa de contratación participaron máis de 130 empresas que se reuniron con 35 operadores turísticos nacionais e internacionais xerando así unha axenda con máis de 2.100 citas segundo a organización. Froito diso, púxose de manifesto que este exercicio ten moi boas perspectivas xerando unha sensación de optimismo entre os participantes.

06 de Xuño de 2022

Finaliza Turexpo Galicia con grandes expectativas para este exercicio turístico

O Clúster participou no Salón Turístico de Galicia cun espazo propio e facilitando o acceso das empresas galegas á bolsa de contratación.   A undécima edición […]
05 de Xuño de 2022

O Clúster de Turismo participou na feira de Turismo de Negocios IMEX de Frankfurt

A feira alemá volveu reivindicar o seu liderado na industria da viaxe MICE.   O Clúster estivo presente a través da iniciativa Galicia MICE.   A […]
25 de Maio de 2022

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 25 invitacións para a bolsa de contratación de Turexpo Galicia

Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda. […]
15 de Marzo de 2022

Unha decena de empresas galegas participarán na xornada virtual da ITB Berlín

O Clúster impulsa a presenza galega no Dixital Business Day previsto para o 17 de marzo.   A iniciativa do Clúster Turismo de Galicia de incentivar […]