Congresos

  • Este martes 3 de setembro ábrese o prazo para inscribirse no VII Congreso Nacional de Ecoturismo.

Entre o 22 e o 24 de outubro celebrarase a 7ª edición do Congreso Nacional de Ecoturismo no Xeoparque da Costa Vasca (Geoparkea Euskal Kostaldea).

 

O Congreso Nacional de Ecoturismo xurdiu como unha iniciativa proposta pola Asociación Ecoturismo en España á Secretaría de Estado de Turismo e ao Organismo Autónomo Parques Nacionais en 2016, ante a necesidade de sentar as bases e criterios para un adecuado desenvolvemento do ecoturismo no noso país con todos os actores implicados, e asegurar que este produto contribúe ao desenvolvemento sostible local e á conservación da natureza. Nas súas sucesivas edicións, o Congreso Nacional de Ecoturismo serviu para realizar un seguimento das necesidades do sector e para avaliar de forma continua as actuacións de impulso que acometen os actores implicados, de forma que se sumen esforzos para impulsar o produto Ecoturismo en España.

 

O congreso está dirixido a profesionais implicados no produto e na xestión dos destinos de ecoturismo, é dicir, xestores locais das administracións públicas, xestores de espazos protexidos, empresas do sector turístico e medios de comunicación vinculados ao ecoturismo.

 

As preinscricións dan comezo o 3 setembro. As prazas están limitadas e suxeitas a un proceso de selección por parte da organización, en función dos criterios de participación que definiron. A inscrición ten un custo de 80€, sendo unha parte deste importe destinado a un proxecto de conservación da natureza no Xeoparque da Costa Vasca.

 

Na páxina web do congreso poderedes consultar o programa desta edición, realizar a preinscrición e consultar outros datos de interese do congreso, como a súa sostibilidade e recomendacións de aloxamento na contorna.

02 de Setembro de 2024

7ª edición do Congreso Nacional de Ecoturismo

Este martes 3 de setembro ábrese o prazo para inscribirse no VII Congreso Nacional de Ecoturismo. Entre o 22 e o 24 de outubro celebrarase a […]
29 de Xullo de 2024

A IV Convención Turespaña centrarase na dixitalización do sector turístico

O evento terá lugar do 1 ao 3 de outubro no Centro de Convencións A Pirámide de Arona, en Tenerife. As inscricións están abertas e pódense […]
19 de Febreiro de 2024

O 36º Congreso de OPC España reunirá a máis de 250 profesionais na Coruña

A cita terá lugar do 22 ao 24 de febreiro en Palexco. O presidente do Clúster participará como moderador nunha mesa de debate sobre a mobilidade […]
26 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia pecha Fitur 24 con 400 reunións no seu espazo de negocios, nas que participaron 1.500 profesionais do sector

Axencias de viaxes, hoteis e institucións concentraron o maior número de encontros. México, Portugal e Estados Unidos son os países que máis se interesaron polo destino […]