Un cento de empresas turísticas galegos apostan polo turismo activo para dinamizar a súa oferta

ACTIVIDADES

Un cento de empresas turísticas galegos apostan polo turismo activo para dinamizar a súa oferta

A Cidade da Cultura acolleu un workshop para dar a coñecer a marca Galicia Destino Activo e promover sinerxías entre empresas

Os produtos turísticos xerados no encontro promocionaranse a través da web http://www.galiciadestinoactivo.com/

Un cento de empresas turísticas interesadas en impulsar a competitividade dos seus negocios a través do turismo activo déronse cita na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, no Workshop Galicia Destino Activo, un encontro profesional impulsado polo Clúster Turismo de Galicia a través da súa marca Galicia Destino Activo co obxectivo de ofrecer información e xerar sinerxías entre empresas. Unha marca que, tal e como lembrou o secretario do Clúster na apertura do encontro “naceu co obxectivo de crear unha marca de referencia deste segmento e avanzar na creación dunha oferta estruturada e de calidade en torno ao turismo activo galego” xa que, tal e como destacaba “Galicia ten un enorme potencial para o desenvolvemento deste tipo de turismo (…) pero fáltanos información, fáltanos formación e unha rede de sinerxías que contribúan a estruturar esta oferta, situando a Galicia como destino referente no turismo activo”, explicou.

No Encontro Profesional celebráronse preto de 1600 encontros de trabajo entre unha ampla tipoloxía de empresas, a maioría vinculadas ao turismo activo pero tamén outras do sector como axencias de viaxes, restauración, hostalaría, guías turísticos…. O obxectivo desta actividade é crear relacións satisfactorias entre axentes do territorio para impulsar o crecemento e a competitividade do tecido empresarial relacionado co Turismo Activo en Galicia. Para iso na xornada promovéronse a organización de grupos de traballo para que cren produtos turísticos innovadores relacionados co turismo activo en Galicia. Deste xeito, Galicia Destino Activo seleccionará aqueles que se axusten ás súas accións de promo-comercialización para o ano 2018.

Comercialización e promoción en Galicia Destino Activo
Unha vez creados os produtos turísticos, a marca Galicia Destino Activo proveraos de material gráfico, texto, fotografía e vídeo que serán cargados na páxina Web e na App para difundilo a operadores exteriores. Ademais, impulsará que as empresas participantes comercialicen por si mesmas estas ofertas colaborativas co obxectivo de fortalecer as sinerxías creadas entre os operadores do territorio e así impulsar a Galicia como Destino de Turismo Activo.