O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público os datos segundo os cales no ano 2014 Galicia recibiu a máis de 4 millóns de viaxeiros nos seus establecementos regrados o que supón un un incremento do 6,8% en relación ao ano 2013. En canto as pernoitas, a nosa comunidade superou a cifra dos 8,4 millóns, rexistrando un incremento do 4,5%. Estes datos supoñen que, por segundo ano consectivo, Galicia rexistra un comportamento positivo da súa demanda turística. Esta mellora global débese en esencia ao bo comportamento da demanda nos meses da temporada media e alta.

Galicia superou no pasado ano tanto o crecemento estatal da cifra de viaxeiros, que foi neste caso de 4,7%, como o de pernoitas que se incrementaron a nivel estatal nun 3,1%. Galicia sitúase nunha posición intermedia, mellorando o comportamento de destinos como País Vasco, Comunidade Valenciana ou Cataluña.

Durante o pasado ano 2014 a nosa comunidade experimentou un comportamento homoxéneo dos dous grandes segmentos de mercado. O turismo nacional subiu, nun 2,9%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia –incrementáronse nun 3,8% -. O turismo internacional presentou tamén un comportamento positivo superando nun 10,6% o seu volume de pernoitas do ano 2013 e a súa cifra de viaxeiros nun 16,1%.

Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado ano un máximo histórico tanto de volume –superando por vez primeira a cifra do millón de viaxeiros e acadando case as 1,8 millóns de pernoitas- como de peso no conxunto da demanda -representando o 26,3% dos viaxeiros e o 21,2% das pernoitas totais-.

O turismo rural rexistrou o incremento de maior intensidade cun 16,3%

En 2014 o 84% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis –que representaron o 66,4%- como ás pensións –co 17,3% neste caso-.

O 16% restante, correspondeu ao segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos –que representaron o 3,2% da demanda total-, aos cámpings –co 9,5%- e aos establecementos de turismo rural –que supuxeron o 3,6%-.

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento. No segmento hoteleiro o crecemento situouse no 4,2% e no extrahoteleiro a suba ascendeu ao 6%. En turismo rural rexistrouse o incremento de maior intensidade cun crecemento do 16,3% en relación ao 2013. As pensións e os apartamentos turísticos amosaron tamén unha dinámica moi positiva pois conseguiron mellorar en mais dun 10% a cifra de demanda do 2013.

O bo comportamento dos dous segmentos de mercado produciuse con similar intensidade no ámbito hoteleiro e no extrahoteleiro. A recuperación do turismo nacional situouse no 2,6% nos establecementos hoteleiros e no 4,8% nos extrahoteleiros. Pola súa banda, o turismo internacional subiu tamén en ambos segmentos da oferta, un 10,3% nos establecementos hoteleiros e un 12,8% nos extrahoteleiros.

04 de febrero de 2015

O turismo en Galicia bateu records en 2014 ao recibir máis de 4 millóns de viaxeiros

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público os datos segundo os cales no ano 2014 Galicia recibiu a máis de 4 millóns de viaxeiros nos seus […]