O pasado domingo finalizadaba a viaxe de familiarización promovida por Turismo de Galicia, en colaboración co Clúster do Turismo de Galicia, para mellorar o coñecemento da oferta turística de Galicia entre os turoperadores portugueses. Ademáis, co obxectivo de incrementar o fluxo de comercialización e sinerxias entre ambos países, tamén se levou adiante un workshop entre empresas galegas e os turoperadores portugeses na illa da Toxa.

En total foron catro xornadas de viaxe, en colaboración coa oficina de Turespaña en Lisboa e o Clúster do Turismo de Galicia, que les permitiron visitar Baiona onde puideron coñecer un dos principais destino estivais do sur de Galicia visitando o seu Parador Nacional, o seu casco histórico, a colexiata de Santa María e a capela veciña de Santa Liberata así como a réplica da carabela no porto da localidade.

O mesmo xoves pola tarde puideron gozar dun paseo en barco pola Ría de Vigo e coñecer o porto da cidade viguesa e Sanxenxo, onde pernoctaron nesa primera xornada. O venres visitaron a adega Pazo Baión, da Denominación de Orixe Rías Baixas e a cidade de Pontevedra co seu casco histórico, un dos máis interesantes da nosa comunidade.

Pola tarde, o grupo trasladouse cara o norte de Galicia realizar unha visita o sábado a cidade de A Coruña onde tiveron a oportunidade de coñecer a Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade e o faro máis antigo en funcionamento, a praza de María Pita e a Igrexa de Santiago. Así mesmo, realizaron unha visita panorámica do Paseo Marítimo da cidade herculina e desfrutaron da Marina. O programa dedicou a tarde do sábado para coñecer a capital de Galicia, Patrimonio da Humanidade, Santiago de Compostela, onde pasearon polo seu casco antigo e visitaron a Catedral e as súas cubertas. Para finalizar a viaxe, visitaron o Pazo de Oca, un dos máis emblemáticos pazos rurais de Galicia coñecido pola beleza dos seus xardíns, e a vila de Tui.

Peso do mercado portugués

No pasado ano 2014 rexistráronse 164.576 viaxeiros portugueses aloxados nos establecementos regrados de Galicia, cifra que superou nun 6,6% o dato do anterior ano 2013. Deste xeito, o mercado portugués representou en 2014 o 16,5% do total da demanda turística internacional de Galicia consolidándose como o primeiro mercado estranxeiro da nosa comunidade.

19 de octubre de 2015

Workshop e percorrido por unha parte da oferta turística galega no fam trip de 80 turoperadores portugueses

O pasado domingo finalizadaba a viaxe de familiarización promovida por Turismo de Galicia, en colaboración co Clúster do Turismo de Galicia, para mellorar o coñecemento da […]
12 de agosto de 2015

Empresas punteras del sector náutico y audiovisual conocen Pontevedra gracias a dos viajes de familiarización impulsados por Feprohos

Los fam trip impulsados a través de la colaboración del Clúster del Turismo de Galicia, permitieron traer a profesionales de España y Europa La Federación de […]
30 de julio de 2015

El Clúster de Turismo de Galicia promueve un fam trip con turoperadores internacionales para Termatalia 2015

Los socios del Clúster podrán mantener citas en la Bolsa de Contratación Turística con estas empresas entre las que destacan importantes operadores mundiales en turismo de […]
30 de junio de 2015

Xornalistas arxentinos visitan Galicia para coñecer a nosa oferta turística

Co fin de difundir os principais valores turísticos de Galicia entre a poboación arxentina, Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en […]