Xornalistas ingleses, franceses e portugueses visitan as instalacións dos clubs náuticos galegos

Xornalistas ingleses, franceses e portugueses visitan as instalacións dos clubs náuticos galegos

Un grupo de xornalistas estranxeiros coñeceu de primeira man a calidade e actividades náuticas deportivas dos clubs náuticos galegos e os servizos que ofrecen a todas as embarcacións que deciden amarras nos seus pantaláns.

A visita, organizada pola Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga) coa colaboración do Igape, celebrouse este mes de xuño co obxectivo de promocionar o turismo e os deportes náuticos. Procedentes de Inglaterra, Francia e Portugal, xornalistas especializados no sector percorreron durante catro días, dez do trinta clubs que pertencen a ASNAUGA.

Número de amarres dispoñibles, accesos por mar e terra, mariña seca, varaderos para reparacións, travel, oferta de hostalaría, servizos de vixilancia, conexións marítimas, redes de comunicacións e gastronomía foron só algúns dos aspectos que máis interesaron aos xornalistas para trasladar ás súas lectores referencias exactas á hora de recalar en Galicia. ?O obxectivo dos clubs é promocionar o turismo e o deporte, de forma que os nosos prezos son sempre moi competitivos?, explicaba o presidente de Asnauga, Javier Ruiz de Cortázar Díaz, que foi o encargado de exercer de anfitrión e guiar á delegación estranxeira para ofrecerlles unha visión global das infraestruturas

A visita enmárcase na promoción das actividades e deportes náuticos, así como nas instalacións punteiras de pártea norte e central de Galicia. Desde o Real Club Náutico de Ribadeo até o Club Náutico de Boiro, pasando polo Club de Mar de Ferrol, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Sada, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico de Camariñas, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Deportivo de Riveira, Club Náutico de Barraña (Boiro), Club Náutico de Boiro-Cabo de Cruz e Club Náutico de Rianxo, terminando a súa visita remontando o río Ulla en barco, visitando Padrón e asistiron á entrega de premios da regata Elidente organizada polo Club Náutico de Rianxo.

Travesía Náutica Xacobea

Completando estas actividades de promoción do turismo náutico e o Xacobeo, a entidade tamén realizou a Ruta Sur da Travesía Náutica Xacobea con operadores turísticos e xornalistas especializados no Camiño de Santiago, partindo do Monte Real Club de iates de Baiona, e pasando por Vigo, Cangas, Sanxenxo, Portonovo, San Vicente, Riveira, Vilanova e terminando en Portosin, desde onde realizaron un tramo a pé para obter a Compostela.