Os mosteiros cistercienses galegos traballan para a construción do seu propio itinerario cultural europeo

Os mosteiros cistercienses galegos traballan para a construción do seu propio itinerario cultural europeo

Co obxectivo de crear un itinerario cultural a nivel europeo que inclúa os diferentes mosteiros cistercienses cos que conta Galicia, 15 en total, a Asociación de Mosteiros do Císter en Galicia (ACIGAL) acaba de dar un paso adiante na tarefa de posta en valor destas construcións que suman até 200 en toda Europa. Na asociación xa se atopan 8 dos 15 mosteiros galegos: Melón, A Franqueira, Aciveiro, Meira, Monfero, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo e Oia, que se completaría cos mosteiros de Sobrado dos Monxes, Toxosoutos, Penamaior, Ferreira de Pantón, Oseira, San Clodio e Armenteira.

Desta maneira, a iniciativa pretente converterse nun elemento dinamización do turismo nas zonas onde se sitúan a maioría destes mosteiros, enclaves rurais cun alto valor patrimonial pero castigados polo abandono da poboación e pola ausencia de iniciativas económicas locais. O seu obxectivo, pois, é reunir aos representantes dos 15 mosteiros galegos para unificar accións encamiñadas á promoción, defensa e posta en valor do patrimonio cisterciense, sobre todo a través do Itinerario Cultural Europeo, e co apoio da Carta Europea das Abadías Cistercienses .
Con esta ruta, que podería estar lista a finles de ano, preténdese reactivar as economías locais e implicar á poboación local no proxecto, como acompañantes ou guías dos visitantes. A ruta, que trascurriría polos 15 mosteiros galegos poderase facer ben por libre usando aplicacións móbiles para utilizar “in itinere” ou con paquetes organizados que incluirán pernoctaciones e outros atractivos turísticos.

Aposta polos itinerarios culturais europeos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que participou na presentación da iniciativa de ACIGAL, enxalzou o valor patrimonial e artísticos dos mosteiros galegos como dinamizadores de ls economías locais e avogó por unha colaboración público-privada para o impulso destas iniciativas que se enmarcan dentro da aposta por produtos turísticos innovadores e multiexperienciales. Neste sentido cabe lembrar que Turismo de Galicia xa impulsa catro itinerarios culturais europeos: O Camiño de Santiago, o primeiro en obter esta acreditación, os Camiños da Vide, a Ruta Viquinga e as Cidades Termais, todos eles produtos turísticos diferenciais que contan cun importante recoñecemento cultural e histórico e contribúen á diferenciación da oferta turística galega.