A Xunta de Galicia aposta polo impulso da marca Galicia Calidade no sector agroalimentario galego para gañar en competitividade a travé un plan de acción estratéxico e unha serie de medidas que servirán para impulsar e promocionar a calidade dos produtos agraolimentarios galegos, apostando por accións que reforcen a súa competitividade nos mercados. Así, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural aos respresentantes das diferentes denominacións e indicacións xeográficas protexidas, Galicia Calidade englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións, así como o selo PescadeRías ou o de Galega 100%, que recoñece e distingue o leite de calidade diferenciada producido nas explotacións leiteiras da nosa comunidade.
Nesta liña, o conselleiro subliñou que o obxectivo da Xunta para este ano 2020 é dar a coñecer este novo impulso, mediante un plan de acción estratéxico dirixido a prescriptores nacionais e internacionais, cun calendario que se estrutura en tres gradues: galego, nacional e internacional, que pivotará sobre a promoción, o posicionamento e as axudas a produtores e transformadores. Esta planificación culminará no próximo mes de xuño co I Congreso Internacional de Galicia Calidade, que permitirá aos expertos coñecer empresas galegas representativas do rural e profundar no concepto da Dieta Atlántica, que será a punta de lanza para transmitir e pór en valor o carácter saudable da nosa produción.
Por último, González explicou aos presidentes dos consellos reguladores que Galicia Calidade vai ser, ademais, unha aposta transversal e de implicación máxima da Xunta que se enmarca na Galicia Verde, a Galicia Innovadora (formación e investigación), a Galicia Moza e a Galicia Familiar.