A Primavera de Puertas Abertas 2024 nos Roteiros dos Viños de Galicia avanza cara á súa última fin de semana da man da DO Monterrei

Primavera Puertas Abiertas Ruta Vino Monterrei

A Primavera de Puertas Abertas 2024 nos Roteiros dos Viños de Galicia avanza cara á súa última fin de semana da man da DO Monterrei

  • A iniciativa percorreu o resto de rutas do viño durante este mes de maio
  • Os participantes puideron gozar de diferentes actividades enmarcadas no contexto do enoturismo

Esta fin de semana celébranse as últimas xornadas da edición 2024 da Primavera de Portas Abertas na Roteiros do Viño de Galicia, unha proposta promovida por Turismo de Galicia e a marca Enoturgalicia, da que forman parte o Clúster e as cinco Asociacións dos Roteiros dos viños das 5 Denominacións de Orixe.

 

A iniciativa, posta en marcha o 3 de maio na DO Valdeorras, percorreu xa varias zonas vitivinícolas, pasando pola DO Rías Baixas (10 ao 12 de maio), a DO Ribeiro (17 ao 19 de maio) e a DO Ribeira Sacra (24 ao 26 de maio). Será a DO Monterrei quen poña o broche final, do 31 de maio ao 2 de xuño.

 

Entre as actividades ofertadas en cada ruta, os participantes puideron de visitas guiadas gratuítas ás adegas rexistradas na promoción, menús especiais deseñados especificamente para a ocasión en distintos restaurantes ou aproveitarse de prezos especiais nos aloxamentos adheridos.

 

O programa complétase coa posta en marcha dos Buses do Viño, que parten das principais cidades galegas para achegar aos participantes aos distintos roteiros e establecementos asociados. Ademais de contar con actividades complementarias como catas a cegas, paseos en barco, visitas culturais e mesmo observación astronómica.