O Clúster e cinco empresas do sector participan nas presentacións e workshops que a Xunta celebra o martes e o xoves en Alemaña.
As accións de promoción de Galicia no estranxeiro impulsadas pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e das empresas do sector retómanse esta semana con dúas novas visitas a un país con gran potencial para o turismo galego. Hamburgo, mañá martes, e Frankfurt, o xoves 23, son as dúas novas paradas dun programa de presentacións que visita Alemaña tras ter pasado xa nos últimos meses por países como Suíza, Italia, Portugal ou Francia.
O programa previsto para estas dúas xornadas inclúe a celebración de senllos workshops nos que representantes de varias empresas galegas poderán mostrar os seus produtos e propostas a un grupo de profesionais locais. Nesta ocasión serán ArtNatura, Circuítos Galicia, Simply Galicia, Easy Galicia e Viaxes Interrías os encargados de exercer de grandes escaparates do turismo galego en terras xermanas co acompañamento do Clúster, que estará representado por Jesús Picallo, vicepresidente da entidade.
Ler máis