A ampla e diversa oferta turística galega que permite a Galicia converterse nun destino perfecto durante todo o ano centrou as palabras da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen estivo a cargo da apertura oficial da nova edición de Turexpo, que se celebra en Silleda ata o domingo na Feira Internacional de Galicia en Silleda. De feito, tanto o Turismo de Galicia, como o Clúster del Turismo de Galicia así como as asociaciones de turismo rural FEGATUR, AGATUR, Agarimo, turoperadores, axencias de viaxes, oferta hotelera e oferta turística complementaria das catro provincias déronse cita nesta feira sectorial.
A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que o sector turístico constitúe un dos piares fundamentais da economía de Galicia xa que, segundo afirmou, representa preto do 11% do PIB da nosa comunidade”. Así mesmo, Nava Castro destacou que o pasado ano 2014 visitaron Galicia máis de 4 millóns de turistas.
A responsable de Turismo da Xunta explicou tamén que a nosa comunidade ofrece un abano de oportunidades que a converten no destino perfecto para calquera época do ano. Neste senso, referiuse ao Camiño de Santiago como o produto turístico estrela e a carta de presentación de Galicia no exterior, e a natureza e oferta de turismo rural que atesoura a nosa comunidade, unha das máis singulares de España.
Bolsa de contratación
Turexpo chega a súa quinta edición cunha consolidada bolsa de contratación dirixida a turoperadores de 17 países diferentes, o que a consolida como unha boa plataforma de negocio e un escaparate das propostas que a convirte nunha ventá aberta para a captación de novos mercados exteriores. “Turexpo é unha iniciativa máis que se une a esta aposta pola promoción e a colaboración público-privada para mostrar a fortaleza do sector turístico galego e a oferta diferencial que ofrece Galicia como destino”, concluíu Nava Castro.
Durante estes días, o recinto ferial de Silleda ofrece unha atractiva área de exposición de 5.500 m² na que cobra especial protagonismo do Camiño de Santiago que envolverá o visitante nun rechamante espazo coa presenza da maioría dos municipios situados no Camiño Francés e a Vía da Prata, que mostrarán a súa oferta e os múltiples atractivos destas dúas rutas. Ademais a esta recreación do Camiño únense outras interesantes propostas de Galicia e Portugal e tamén Festur, a II Feira de Festas de Interese Turístico, así como, un interesante programa de actividades.