Os profundos cambios que viviu a xestión de destinos turísticos na última década xunto cos retos que supón a introdución das novas tecnoloxías nesta comercialización así como a aproximación e o maior coñecemento dos mercados máis interesantes para a oferta turística galega son algúns dos obxectivos baixo os que nace a segunda edición dos Encontros Cluster Turismo de Galicia, que se celebrará nunha única xornada o próximo 17 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.
Baixo o título “Obxectivo 5 millóns: Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do Destino Galicia”, a xornada tratará de profundar nas novas formas de comercialización dentro do sector turístico así como expor solucións aos retos que supón a irrupción e os cambios que se produciron na forma na que o viaxa o turista 2.0.
Así o destacaban os represntantes do Clúster do Turismo de Galicia, César Ballesteros e Diego Otero, que estiveron acompañados na presentación das xornadas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcadel de Vigo, Abel Caballero así como polo deputado provincial de Turismo, Santos Héctor. Tanto Silva como Caballero coincidiron en destacar as grandes potencialidades do sector turístico, que está chamado a ser a panca que mova a economía da provincia. Neste sentido Silva destacou o turismo verde, o enoturismo, o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como eixos que deben explorarse para ofrecer “aos nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos vos recunchos da provincia”.
Pola súa banda, o alcade da cidade destacou a riqueza e a gran calidade da oferta turística da cidade e da provincia e agradeceu á Deputación que estes II Encontros, que situaban a Vigo como a capital do turismo durante esa xornada, desenvolvésense por vez primeira na cidade olívica.
Cita profesional imprescindible
A xornada, que se celebrará en xornada de mañá e tarde, incluirá mesas redondas e varios relatorios con expertos nacionais e internacionais como o presidente de Segittur, Antonio López, a ex responsable de VisitLondon, a consultora Mady Keup, ou Raúl García, un dos expertos en comercialización MICE e novas tecnoloxías.
O programa completarase con senllas mesas redondas en torno á análise dos mercados primordiais para a oferta turística galega, coa participación dos responsables das Oficinas de Turismo de España de Reino Unido, Alemaña e Estados Unidos e outra sobre as principais ferramentas tecnolóxicas que han cambiando a forma de entender a comercialización turística e na que se contará coa presenza de representantes de empresas punteiras como Beonprice, a empresa española de referencia do revenue management, o channel manager ParityRate ou do Instituto Tecnolóxico Hostaleiro, complentando unha mesa imprescindible para entender como se modificou en moi poucos anos o funcionamento da comercialización da oferta turística na que o uso do big data e a consolidación do uso do channel manager, que permite reunir a información de centos de axentes que cambian as súas ofertas de hospedaxe on e off line minuto a minuto, é fundamental. Trátase, pois, dunha cita ineludible para o sector profesional turístico galego.