Máis de medio centenar de premiados e un fam trip pon fin á campaña Turismo Rural, Agora Tamén

ACTIVIDADES

Máis de medio centenar de premiados e un fam trip pon fin á campaña Turismo Rural, Agora Tamén

O proxecto, dirixido a comunicar a oferta complementaria ao turismo rural, estivo impulsado por FEGATUR, Asociación de Guías Turísticos, Mariñas de Galicia e as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia

O proxecto TURISMO RURAL, AGORA TAMÉN promovido polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural, Mariñas de Galicia, Asociación Guías Turísticos de Galicia e as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia toca ao seu fin despois de once semanas de sorteos, actividades e premios. A iniciativa, xurdida co obxectivo de con o obxectivo de promocionar o destino Galicia a través do turismo rural e a súa oferta complementaria ha permitido dar a coñecer entre o público interior e nacional a oferta complemetaria que se pode gozar en Galicia.

Despois da súa promoción en redes sociais e dos 4 sorteos realizados (1 en redes sociais e 3 ante notario) foron máis de 55 as persoas premiadas que gozaron da súa estancia en casas de turismo rural e actividades complementarias coas que descubrir a oferta que presenta a nosa comunidade.
Unha elevada porcentaxe dos premios recaeu en persoas de fóra de Galicia que visitaran a nosa comunidade durante a época estival e para os que este sorteo lles permitirá regresar ao noso territorio nesta época, contribuíndo así á desestacionalización do turismo nacional, que era outro dos obxectivos que o proxecto buscaba.

Fam trip na Costa da Morte
A última das actuacións do proxecto foi un fam trip organizado en Costa da Morte e no que participaron tres turoperadores; un nacional e dous internacionais (Portugal e Australia) que durante tres días realizaron actividades de sendeirismo, marisqueo ou un circuíto termal e visitaron espazos como museos, faros ou lonxas. Un aspecto que resulta de interese de face aos turoperadores que nos visitan é ademais a nosa gastronomía que tamén foi un dos atractivos deste fin de semana e estivo centrada en produtos galegos.