A feira turística da capital portuguesa celebrarase entre os días 1 e 5 de marzo, estando as tres primeiras xornadas reservadas aos profesionais.

 

A próxima edición da Bolsa de Turismo de Lisboa celebrarase entre os días 1 e 5 do próximo mes de marzo e contará de novo con presenza galega. A Axencia Turismo de Galicia dispoñerá dun stand propio nesta cita que presume de ser a maior plataforma de contactos en Portugal relacionados co sector turístico e que reunirá a máis de 1.400 expositores en representación de 60 destinos internacionais.

 

Para fomentar a participación de empresas galegas durante as tres primeiras xornadas da BTL, as dedicadas en exclusiva ao público profesional, A Axencia Turismo de Galicia cedeu a este Clúster 50 invitacións para asistir á feira co obxectivo de que as poña ao dispor das empresas turísticas galegas que queiran participar.

 

Os interesados en facer uso destas invitacións teñen ata as 14 horas deste venres, 24 de febreiro, de prazo para solicitalas. Deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese en acudir e incluíndo os seus datos de contacto (nome, cargo, empresa, teléfono e correo electrónico). As invitacións están limitadas a un máximo de dous por entidade.

 

21 de Febreiro de 2023

O Clúster pon ao dispor do sector turístico galego 50 invitacións par a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase entre os días 1 e 5 de marzo, estando as tres primeiras xornadas reservadas aos profesionais.   A próxima […]
05 de Febreiro de 2023

Dublín será a primeira parada internacional do Clúster no 2023

A capital irlandesa acollerá este xoves un workshop no que participarán case unha decena de empresas galegas.   O Clúster Turismo de Galicia está xa inmerso […]
26 de Xaneiro de 2023

O Clúster prepara xa a súa misión comercial á ITB Berlín

A próxima edición da feira turística internacional da capital alemá celebrarase os días 7, 8 e 9 do próximo mes de marzo.   O prazo para […]
20 de Xaneiro de 2023

O Clúster inicia a conmemoración do seu décimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboración das administracións

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estratéxica do sector para a comunidade.   Mostrou […]