Álvaro Villasante, de Paprica (Lugo), gañou o premio do público; e Lucía Freitas e Nacho Tierno, de A Tafona Casa de Xantar (Santiago) o da marca Estrella Galicia

Sete cociñeiros gañadores dos seus respectivos certames nas  sete cidades galegas máis grandes e un premio, o recoñemento do Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia. Finalmente foi o Frank de Ferrol e o seu chef Gonzalo Pérez o que levou o gato a auga, aínda que os representantes do Grupo Nove, A Tafona, de Lucía Freitas e Nacho Tierno, e o Paprica de Álvaro Villasante tamén acadaron senllos premios, o do público, no caso de Villasante e especial de Estrella Galicia, no caso do restaurante compostelán. A gala, organizada por Turismo de Galicia, veu poñer o broche de ouro a este concurso gastronómico ‘De Tapas por Galicia’ no que competiron os cociñeiros gañadores dos sete certames celebrados nas principais cidades galegas durante o pasado ano: Gonzalo Pérez (Frank, Ferrol); Moncho Bargo (Spoom, A Coruña); Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona Casa de Xantar, Santiago); Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín, Pontevedra); Carles Lapuente, (La Contenta, Vigo); Álvaro Villasante (Paprica, Lugo) e mais José Luis Fernández (Tapa Negra, Ourense).

O galardón foi decidido por un xurado profesional conformado por Pepe Solla, cociñeiro e membro do Grupo Nove; Francisco González, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Pablo Portabales, xornalista e crítico gastronómico; e Guillermo Fernández, delegado de Hijos de Rivera en Santiago.

A gala contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que sinalou que ‘De tapas por Galicia’ permitiu promocionar “baixo un mesmo paraugas”, tanto na comunidade galega como no resto de España, un “produto senlleiro do noso territorio, a enogastronomía, sen que ningún concurso perdese identidade individualmente”, todo o contrario –engadiu- “todos gañaron ao asociarse á gran marca Galicia”.

‘De tapas por Galicia’ é un produto promovido por Turismo de Galicia, en colaboración cos concellos das sete cidades galegas e as asociacións de hostaleiros, para promover de xeito conxunto os concursos de petiscos que teñen lugar anualmente na comunidade galega.

Wednesday April 1st, 2015

Gonzalo Pérez, de Frank (Ferrol), acada o premio como mellor cociñeiro do certame De Tapas x Galicia

Álvaro Villasante, de Paprica (Lugo), gañou o premio do público; e Lucía Freitas e Nacho Tierno, de A Tafona Casa de Xantar (Santiago) o da marca […]
Tuesday February 10th, 2015

Curso de formación de guías turísticos de viajes combinados en la UNED Ourense

Se trata de una formación homologada por la Xunta, de 60 horas de duración y que estará impartida por el profesor Antonio Fraiz Brea Se trata […]
Saturday January 31st, 2015

Xantar y Termatalia, dos citas ineludibles en Ourense, trajeron sus novedades a Fitur

Xantar 2015, del 4 al 8 de marzo, y su apuesta por la gastronomía saludable y sostenible, y Termatalia, que se celebrará del 20 al 26 […]