enogastronomía

O presidente da Xunta participou na entrega dos premios das Catas dos viños e destilados

Un total de 34 viños y 5 destilados recibiron onte os premios das Catas de Viños e Augardentes que anualmente entrega a Xunta de Galicia a aquelas elaboracións escollidas polos membros do xurado que integra o paneis de cata respesctivos das XXVII Cata dos Viños de Galicia, da IX Cata de Augardentes de Galicia e da IV Cata de Licores Tradicionales de Galicia. Gargalo Treixadura&Albariño,de Bodegas Gargalo, da D.O Monterrei,  e Quinta da Peza, de la bodega homónima D.O. Valdeorras, obtiveron aas distincións de Mellor Viño Branco e Mellor Viño Tinto de Galicia. Tamén se fixeron entrega dos acios de ouro e prata en cada unha das denominacións de orixe así como os Potes de Ouro e de Prata nas diferentes categorías a concurso no apartado de destilados.

O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, tomou parte no acto de entrega dos premios,que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, e no que tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Durante a súa intervención de clausura, Feijoo resaltou o esforzo dos produtores de viño, augardente e licores por modernizarse, internacionalizarse e por buscar un produto dunha calidade cada vez maior, e reafirmou o compromiso da Xunta co sector. presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, ademais, o proceso de internacionalización que está a vivir o sector vitivinícola e animouno a seguir afondando na aposta polo etiquetado.

De feito, ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu tamén na importancia de que un produto con selo galego sexa sinónimo de calidade e, neste contexto, enmarcou o esforzo que está a levar a cabo o Executivo autonómico para evitar que se vendan viños, licores e augardentes sen etiquetar. “A loita contra os produtos sen identificar é tamén unha loita a prol de aqueles que si cumpren a lei”, aseverou, facendo fincapé en que buscar un produto de calidade cada vez maior beneficia ao sector e ao prestixio de Galicia.

Consulta a relación de viños e destilados premiados

Tuesday June 30th, 2015

A internacionalización e a busca da excelencia claves para Núñez Feijóo no éxito do sector vitivinícola galego

O presidente da Xunta participou na entrega dos premios das Catas dos viños e destilados Un total de 34 viños y 5 destilados recibiron onte os […]
Tuesday May 19th, 2015

Operadores turísticos alemáns coñecerán a oferta enogastronómica de Galicia

A través dunha viaxe de familiarización que se desenvolverá entre Pontevedra, Santiago, A Coruña, O Grove ou Cambados, os sete operadores turísticos entrarán en contacto coa […]