Por sector servizos se entenderán as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L ,M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Por sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na Sección C ou D do CNAE-2009.
En canto ao gasto subvencionable, se entende por tales:
Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.
A renovación de equipamentos de instalacións existentes no sector industrial de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20% respecto do consumo inicial.
A substitución de equipamentos no sector servizos para a produción de calor e/ou frío por outros seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.
A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.
A implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidade acreditada durante o período de xustificación.
Os sistemas de procesamento avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético da empresa.
Calquera outra actuación, non recollida nos números anteriores, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.
O prazo de presentación é de 30 días naturais desde hoxe. (Ata o día 11 de febreiro). Non se subvenciona nin o proxecto de enxeñería nin a obra civil, así como tampouco a licenza, IVE ou a ampliación da capacidade de produción de enerxía.
Podedes consultar toda a información, requerimentos e documentación para facer a solicitude, que ha de remitirse exclusivamente vía electrónica nas bases da convocatoria