Coa fin de presentar Mírame Ribeira Sacra, iniciativa enfocada a dar a coñecer este espazo de grande riqueza natural, patrimonial e cultural, desprazouse ata Madrid a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, quen fixo unha presentación na liña de promoción da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Méndez valorou que “conseguir o distintivo internacional de Patrimonio da Humanidade é un reto colectivo, que conseguiremos, de seguro, se traballamos todos xuntos”. Na presentación tamén se aproveitou para estrear un novo video promocional.
A través deste proxecto organizáronse diversos viaxes para a prensa para incentivar publicacións sobre natural. Con este press-trip financiouse o desprazamento dos medios de comunicación ata a Ribeira Sacra, así como a estancia en diferentes establecementos da zona. Ademais, ofrecéuselle o desprazamento polas rutas da Ribeira Sacra aos xornalistas, que estiveron acompañados dun guía turístico, co fin de afondar en aspectos máis técnicos así como resolver dúbidas.