No marco do programa de protección do arenal de As Catedrais, Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago veñen de publicar una guía que recolle os recursos xeológicos e xeomorfolóxicos da Costa Cantábrica galega co obxectivo de mellarar o coñecemento desta zona da Mariña Lucense e impulsar así a desentacionalización do turismo da comarca. A través deste estudo, Turismo de Galicia quere dar a coñecer outros puntos de grande interese xeolóxico e xeomorfolóxico que non gozan do recoñecemento e popularidade da praia de As Catedrais pero que, porén, presentan un gran potencial e atractivo.
Este inventario de recursos xeomorfolóxicos únese a outras publicacións editadas por Turismo de Galicia que ofrecen opcións complementarias na Mariña. Así, a guía “A Mariña Luguesa”, a publicación “Alén das Catedrais” ou a guía “Faros e Praias Salvaxes” demostran como esta comarca pode ser un destino atractivo os 365 días do ano.
A nova publicación recolle un estudo elaborado por Augusto Pérez, Catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago, e Francisco Canosa, Doutor en Xeoloxía da Universidade de Oviedo, da riqueza xeolóxica e xeomorfolóxica da costa de Ribadeo e a súa contorna. A zona analizada esténdese dende o Cabo de Estaca de Bares á Ría de Ribadeo, un sector de costa pertencente case na súa totalidade á provincia de Lugo, que se caracteriza pola súa diversidade tanto a escala detalle como no seu conxunto.
A guía, que pode visualizarse a través de este enlace , está enfocada tanto para turistas e visitantes que queiran coñecer este destino desde outra perspectiva como para especialistas que estean interesados en afondar nesta riqueza.