Que é o Carné +65?
- O carné +65 é unha tarxeta persoal para as persoas maiores de 65 anos que residan na comunidade autónoma de Galicia.
- Expedido pola Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Xuventude.
- Con este documento as persoas usuarias poden beneficiarse de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia.
- O carné +65 é totalmente gratuíto e entrará en funcionamento no ano 2024.
Información para beneficiarios
- A quen vai dirixido? Maiores de 65 anos, veciños da comunidade autónoma de Galicia.
- Como se obtén? A Administración envíao de oficio por correo ao domicilio do usuario.
Información para entidades adheridas
- Quen pode adherirse? Entidades públicas ou privadas que desexen ofrecer descontos ou vantaxes aos titulares do carné +65 da Xunta de Galicia.
- Requisitos. Deberán ser entidades que ofrezan bens ou servizos dirixidos a persoas maiores ou que teñan relación co devandito colectivo e que estean interesadas en ofrecer vantaxes e/ou descontos.
- Como colaborar? Mediante a presentación da solicitude, na que se recollerán as condicións das vantaxes e/ou descontos.
Difusión. Mediante a inclusión no catálogo de servizos e o distintivo no establecemento.
Procedemento de adhesión
As entidades interesadas en adherirse ao carné +65 deberán presentar unha solicitude a través do seguinte formulario.
Para máis información pode contactar a través da dirección de correo carnemais65.maiores@xunta.gal ou do teléfono 881 999 183.



