Turismo de Galicia, Portos de Galicia, Asnauga y Marinas de Galicia, presentes no Salón Náutico Grand Pavois

Turismo de Galicia, Portos de Galicia, Asnauga y Marinas de Galicia, presentes no Salón Náutico Grand Pavois

Co obxectivo de captar navegantes do norte de Francia para os portos galegos, unha nutrida reperesentación do sector náutico galego acude ao Salón Naútico Grand Pavois que se celebra ata o 21 de setembro en La Rochelle, Francia. Turismo de Galicia, que estará presente xunto con Portos de Galicia, manterá nesta feira especializada un stand desde o que difundirá e dará a coñecer as instalación e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico. A Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) e a Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Depotivos- Marinas de Galicia tamén están presentes neste evento, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia, xunto co Salón Náutico de París, que se celebrará entre os días 5 e 13 de decembro.

Ademais de ofrecer información específica, estes encontros especializados serven para establecer relación cos operadores turísticos especializados de Francia, un país no que a náutica conta cun gran desenvolvemento.