Empresarios galegos acoden á feira internacional TTG Incontri de Rímini

ACTIVIDADES

Empresarios galegos acoden á feira internacional TTG Incontri de Rímini

Unha delegación de empresarios turísticos galegos, moitos deles membros da Asociación de Hostalaría Compostela, partiparon na Feira Internacional B2B de Turismo TTG Incontri, celebrada a pasada semana en Rímini, Italia. Trátase dunha exposición de carácter internacional para o turismo B2B (Business to Business), orientada a que as compañías fagan negocio entre si. Nela, os representantes da industria turística italiana reúnense para intercambiar ideas cos seus colegas, neste caso galegos. Trátase dunha das feiras máis grandes de Italia á que a Asociación de Hostalaría de Compostela volve acudir, grazas aos bos resultados cultivados en anteriores edicións. Ademais de permitir o encontro directo con outros empresarios do sector, os visitantes teñen a oportunidade de analizar as tendencias internacionais, para aprender acerca de novos produtos no mercado, e para comparar produtos.