O Clúster Turismo de Galicia potenciará a marca Galicia Destino Sostible no mercado norteamericano

O Clúster Turismo de Galicia potenciará a marca Galicia Destino Sostible no mercado norteamericano

  • O Clúster, coa colaboración de Turespaña e do grupo Expedia, achegará as experiencias sostibles galegas aos Estados Unidos.

 

O Clúster Turismo de Galicia participará nunha nova edición das campañas cooperativas postas en marcha por Turespaña co obxectivo de realizar accións de márketing internacional de forma máis eficiente e efectiva. Esta campaña de promoción terá a Expedia como partner e enfocarase maioritariamente no mercado americano. O obxectivo é incentivar a comercialización das experiencias publicadas no marco do club de produto Galicia Destino Sostible, incentivando así a adquisición de experiencias sostibles en Galicia.

 

A iniciativa Galicia Destino Sostible naceu no ano 2022 co financiamento e o apoio da Xunta de Galicia a través dun convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster. O seu obxectivo é impulsar o turismo sostible na Comunidade e converter ao destino en referente no ámbito nacional e internacional. Esta marca articúlase coma un club de produto turístico que integra toda a oferta turística galega respectuosa co medio ambiente, a cultura e a sociedade. A través da páxina web pódese atopar toda a oferta, desde en aloxamentos ata en restaurantes, axencias de viaxes ou diferentes actividades. A través desta plataforma conectamos a turistas e empresas, facilitando o acceso á extensa oferta turística sostible en Galicia.

 

Grazas a esta campaña colaborativa, o Clúster potenciará a marca Galicia Destino Sostible no mercado norteamericano, aumentando os ingresos turísticos e atraendo a un turista máis rendible e sostible. En total estímase que se destinen 150.000 euros a esta actuación.

 

O club Galicia Destino Sostible está aberto a recibir novos socios. As empresas interesadas poden solicitar a súa adhesión a través do formulario habilitado na web ou solicitar máis información a través do correo electrónico info@galiciadestinosostible.com ou no número de teléfono 881 505 102.