O Clúster impulsa a participación empresarial en INTUR Negocios 2025

  • O encontro profesional celebrarase o 13 de novembro en Valladolid dentro da Feira Internacional de Turismo de Interior

 

O Clúster Turismo de Galicia (CTG) anima ás súas empresas asociadas a participar en INTUR Negocios 2025, a bolsa de contratación turística que se celebrará o xoves 13 de novembro en Valladolid, no marco da Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR). Este encontro consolidouse como unha cita clave para a promoción, comercialización e creación de sinerxias entre profesionais do turismo interior, tanto a nivel nacional como internacional.

 

Durante a xornada, os participantes poderán manter reunións con axencias grosistas, operadores turísticos e empresas de distintos segmentos turísticos (cultural, gastronómico, rural, de aventura, relixioso, deportivo, idiomático ou MICE). A dinámica do evento combinará un sistema de axendas programadas de 9:30 a 11:30 horas e unha segunda fase de encontros libres de curta duración, que facilitarán un alto volume de contactos e oportunidades de negocio.

 

  • Clúster xestionará as inscricións das empresas galegas interesadas

 

As empresas asociadas que desexen participar en INTUR Negocios poderán xestionar a súa inscrición a través do Clúster, enviando un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com cos seus datos de contacto (nome, cargo, empresa, teléfono e correo electrónico). O CTG cubrirá os gastos de inscrición de ata 10 entidades.

 

O prazo de inscrición finaliza o martes 21 de outubro ás 14:00 horas, e as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de recepción. En caso de inscrición confirmada e non asistencia sen causa xustificada, os participantes deberán asumir o custo de 125 euros correspondente á acreditación.

 

Más información sobre o evento e o proceso de rexistro profesional está dispoñible na web oficial.