O Clúster Turismo de Galicia promociona a oferta galega nas xornadas inversas de Turespaña con EE. UU. e Canadá

O Clúster Turismo de Galicia promociona a oferta galega nas xornadas inversas de Turespaña con EE. UU. e Canadá

  • As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla.
  • Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.

 

O Clúster Turismo de Galicia participou entre o 9 e o 12 de xuño nas xornadas inversas organizadas por Turespaña en Sevilla, orientadas a potenciar a comercialización turística con operadores de Estados Unidos e Canadá, dous mercados en crecemento que espertan un interese cada vez maior por Galicia.

 

Durante o evento, no que estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos, o Clúster presentou os catálogos promocionais “Galicia Travel Agencies” e “Galicia, un luxo para os teus sentidos”, co obxectivo de darlle visibilidade á variedade e calidade de experiencias que ofrece o tecido empresarial turístico galego.

 

No marco da misión comercial organizada polo CTG, tamén participaron participaron The Way Tours, Eat&Walkabout e Tee Travel, tres empresas de receptivo galegas que mantiveron reunións cos operadores norteamericanos e contribuíron a dar a coñecer de primeira man a diversidade da oferta turística galega.

 

En total, tanto o Clúster coma as empresas participantes mantiveron máis de 70 reunións con operadores turísticos de EE. UU. e Canadá. O balance da participación foi moi positivo, cunha notable acollida e interese por parte dos asistentes, atraídos pola riqueza natural, cultural, enogastronómica e espiritual de Galicia, co Camiño de Santiago como un dos principais referentes do destino.