Costa da Morte escollida como sede do VII Encontro Starlight 2024

  • Celebrarase do 1 ao 5 de outubro.
  • Galicia foi seleccionada para acoller o evento grazas á proposta liderada pola Asociación Turística da Costa da Morte (CMAT).

 

O Encontro Anual Starlight é un evento ineludible para a comunidade de astroturismo, xa que reúne destinos con certificación Starlight, monitores, guías e expertos na materia. Nestes encontros fálase de aspectos fundamentais do astroturismo e formúlanse estratexias de futuro, converténdoo nun evento de referencia para os profesionais do sector, a nivel nacional e internacional.

 

Este será o primeiro Encontro Starlight que se celebra en Galicia, que conta con 7 Destinos Turísticos Starlight: Illas Atlánticas, Muras, Trevinca, Lalín, Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas, Ancares Lucenses e Costa da Morte, ademais de ofrecer campamentos, aloxamentos e empresas que promoven e respectan a visión Starlight.

 

Costa da Morte é un dos novos membros da Rede Starlight e demostrou un gran desenvolvemento e unha estratexia de astroturismo eficaz. Inclúe 17 concellos e ao sector turístico local, comprometidos e activos nas iniciativas promovidas pola CMAT (Asociación Turística da Costa da Morte).