Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

ACTIVIDADES

Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de duración co obxectivo de abordar o potencial do golf como reclamo turístico para Galicia e sobre como situar Galicia como un Destino de Golf Diferente.

A xornada, que se desenvolverá no Gran Hotel Os Abetos en xornada de mañá, contará coa participación de Carmen Pita e Enrique Pérez, da Axencia de Turismo de Galicia, así como con Alfonos Agulló, director comercial de Le Club Golf, a maior re de campos de Europa e da presidenta da Asociación Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán. Tras as exposicións de todos eles, a xornada concluirá cunha mesa redonda.

Cabe destacar que a industria do golf xera en España ao redor de 775 millóns de euros anuais de valor engadido, segundo o estudo da empresa Golf Business, que destaca a importancia de xerar sinerxías entre esta industria deportiva e o sector turístico.

Máis información e inscricións no correo electrónico secretariogeneral@galiciadestinogolf.com ou no teléfono 610787975.