Turismo Sostenible

  • O CTG dispón de pases dixitais para acceder a BioCultura 2025, a solicitude pode tramitarse a través do formulario correspondente.

 

Do 7 ao 9 de marzo, ExpoCoruña será o escenario dunha nova edición de BioCultura A Coruña, o evento de referencia en consumo ecolóxico e turismo sostible. Neste marco, o Clúster Turismo de Galicia participará activamente cun espazo expositivo no que dará a coñecer as súas iniciativas para promover un modelo de turismo máis responsable e aliñado coa sostibilidade.

 

Un dos piares da súa presenza será a promoción da marca ‘Galicia Destino Sostible’ e o seu club de produto, unha iniciativa que busca consolidar Galicia como un destino de calidade, diferenciado e respectuoso coa súa contorna. A través desta proposta, o Clúster fomenta experiencias que destacan pola súa autenticidade, o seu impacto positivo na comunidade local e o seu compromiso coa conservación do patrimonio natural e cultural.

 

Ademais, BioCultura A Coruña 2025 reunirá a empresas e profesionais do sector ecolóxico nun espazo de divulgación e intercambio. A feira ofrecerá un programa de actividades centrado na gastronomía ecolóxica, o turismo responsable e as estratexias para minimizar o impacto ambiental, con relatorios e expositores que reflicten a crecente demanda dun modelo turístico máis sostible.

 

Para quen desexe asistir, o Clúster Turismo de Galicia dispón de pases dixitais para acceder a BioCultura 2025. Os interesados poden solicitalos completando o formulario correspondente e así coñecer de primeira man as iniciativas que están a transformar o ecoturismo en Galicia.

 

Formulario deshabilitado. Atenderanse todas as solicitudes recibidas antes do venres, 7 de marzo, ás 13:00 horas.

03 de Marzo de 2025

O Clúster impulsa o turismo sostible en BioCultura A Coruña 2025

O CTG dispón de pases dixitais para acceder a BioCultura 2025, a solicitude pode tramitarse a través do formulario correspondente.   Do 7 ao 9 de […]
25 de Febreiro de 2025

O Clúster impulsa a sostibilidade na hostalería colaborando con Hostalería #PorElClima

Os establecementos que se adhiran poderán optar a un bono climático.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu compromiso coa sostibilidade a través dunha […]
11 de Febreiro de 2025

Medra o interese do sector turístico galego pola mobilidade eléctrica: máis de 40 empresas xa solicitaron propostas para a instalación de puntos de recarga

O acordo entre Clúster e ME Renewing facilita ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética. O acordo entre o Clúster de Turismo […]
28 de Xaneiro de 2025

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ segue a medrar

Ideas Peregrinas, Bodegas Terras Gauda, Villa Boutique 1880, Hotel A Finca, Hotel Spa Nanín Playa, Portomiño, Hotel Zenit Vigo e Naviaventours son as novas empresas que […]