Sin categoría

César Ballesteros, secretario da entidade, participou nun encontro virtual sobre a dixitalización do sector

 

O Clúster Turismo de Galicia estivo presente no obradoiro para a dixitalización do sector organizado a través de Internet por Ineo, a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia. César Ballesteros, secretario do Clúster, foi o encargado de presentar un relatorio no que debullou a estratexia que está a levar a cabo a entidade e os retos de futuro do sector no ámbito da dixitalización.

 

Ballesteros lembrou na súa intervención que o Clúster é nunha entidade de ámbito privado e sen ánimo de lucro que aglutina a preto de medio centenar de asociacións e a máis dunha vintena de empresas co obxectivo de potenciar a marca Galicia como destino turístico diferenciado a escala global. Entre os campos nos que está a traballar a entidade, destacou a potenciación de Galicia como destino en áreas como o turismo activo, o familiar e o enoturismo.

 

Con respecto aos retos de futuro do sector, Ballesteros referiuse á sustentabilidade, facendo fincapé na capacidade de Galicia para ser un lugar de referencia en canto a natureza, e á promoción e o avance no ámbito da internacionalización. A necesidade de traballar na área da innovación e a creatividade á hora de crear un produto turístico, así como o establecemento de sinerxías entre cultura e turismo, e o fomento da calidade para atraer a visitantes de maior nivel adquisitivo son outras das cuestións que o secretario do Clúster destacou na súa intervención.

08 de Setembro de 2021

O Clúster debulla a súa estratexia e os retos do sector turístico nun foro promovido por Ineo

César Ballesteros, secretario da entidade, participou nun encontro virtual sobre a dixitalización do sector   O Clúster Turismo de Galicia estivo presente no obradoiro para a […]
22 de Xullo de 2021

A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia

As accións contidas nesta planificación suporán investimentos de preto de 500 millóns de euros en tres anos, dos cales máis da metade se dedicarán a reactivar […]
24 de Abril de 2020

A OMT lanza unha mensaxe de apoio ao emprego e á economía a través das viaxes e o turismo

Chamamento á acción para mitigar o impacto socioeconómico da COVID-19 e acelerar a recuperación A Organización Mundial do Turismo (OMT) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde […]
17 de Setembro de 2019

Unha plataforma en liña comercializará a oferta enoturística do cinco rutas do viño de Galicia

En virtude dun convenio asinado entre as Asociacións das Rutas do Viño de Galicia e a Xunta de Galicia, a administración pública dotará a oferta enoturística […]