• A Xunta impulsa estas actuacións que inclúen traballos de instalación de placas fotovoltaicas en 34 albergues.
  • Tamén se realizarán melloras no illamento exterior, reparación e substitución de elementos relacionados coa accesibilidade.

Durante 2024, a Xunta de Galicia centrarase na mellora da eficiencia enerxética da rede pública de albergues do Camiño de Santiago cun investimento superior ao 1M€, dentro da planificación anual do Turismo de Galicia para o mantemento e conservación dos albergues públicos da rede.

 

En concreto, realizaranse actividades de mellora nun total de 34 albergues en 7 itinerarios: 14 no Camiño Francés, 5 no Camiño Fisterra-Muxía, 5 na Vía da Prata, 4 no Camiño Portugués e do Litoral Portugués, 3 no Camiño Inglés e 2 do Camiño do Norte.

 

Entre as actuacións, está previsto realizar traballos dentro e fóra dos albergues: pintado, mellora de illamento, corrección de humidades, substitución de azulexos, instalación de baños accesibles e, sobre todo, mellora da eficiencia enerxética coa instalación de paneis fotovoltaicos para reducir o consumo enerxético.

05 de Marzo de 2024

Máis de 1 M€ para melloras na eficiencia enerxética na rede pública de albergues do Camiño de Santiago

A Xunta impulsa estas actuacións que inclúen traballos de instalación de placas fotovoltaicas en 34 albergues. Tamén se realizarán melloras no illamento exterior, reparación e substitución […]
19 de Febreiro de 2024

Así foi a xornada informativa para o sector turístico sobre as axudas de fomento da oferta enogastronómica galega

La jornada se celebró el pasado jueves, 15 de febrero, con el objetivo de resolver las dudas de los profesionales potencialmente beneficiarios de esta convocatoria. Las […]
14 de Febreiro de 2024

O Ministerio de Turismo convoca as axudas para proxectos de dixitalización de ‘Última Milla’ en empresas do sector turístico

O prazo de presentación está aberto ata o 13 de marzo de 2024. O Ministerio de Turismo destina 104 M€ a esta convocatoria.   As empresas […]
22 de Xaneiro de 2024

A Xunta convoca unha nova convocatoria de axudas para fomentar o turismo enogastronómico

O prazo de solicitudes permanece aberto ata o 19 de xuño de 2024 a través da sede electrónica da Xunta.   O Diario Oficial de Galicia publicou […]