Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda.

 

O Clúster Turismo de Galicia estará presente un ano máis en Turexpo Galicia, o Salón Turístico de Galicia, cuxa undécima edición celebrarase do 2 ao 5 de xuño no recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia (Silleda). Como en ocasións anteriores a entidade que preside Cesáreo Pardal dispoñerá dunha caseta propia no que atender aos visitantes, dar a coñecer as súas actividades e difundir tamén as propostas dos seus asociados.

 

Ademais, o programa de Turexpo volve incluír unha bolsa de contratación turística que permitirá poñer en contacto aos representantes do sector galego cun nutrido grupo de operadores turísticos nacionais e internacionais. A bolsa de contratación, que se celebrará durante os dous primeiros días do salón (2 e 3 de xuño) é un dos principais atractivos da cita para os profesionais do mundo do turismo. Na edición de 2019, a última antes da pandemia, participaron medio centenar de operadores turísticos de 11 países diferentes e celebráronse case 3.000 reunións. Este ano, os organizadores de Turexpo esperan que este apartado do programa permita crear aínda máis alianzas comerciais.

 

O Clústerl dispón de 25 invitacións para participar na bolsa de contratación que pon ao dispor de todos os seus asociados e que serán asignadas por rigorosa orde de solicitude. Os interesados dispoñen de prazo ata o xoves 26 para presentar as súas solicitudes cubrindo o formulario correspondente e enviándoo por correo á dirección secretariatecnica@clusterturismogalicia.com

 

Festur 2022

Como en ocasións anteriores, no marco de Turexpo celebrarase tamén unha nova edición da Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, un escaparate aberto ás numerosas celebracións de toda Galicia que foron recoñecidos con esta distinción. En Silleda poderán mostrar as particularidades que as converten en destinos ideais para gozar do turismo máis animado e lúdico.

25 de Maio de 2022

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 25 invitacións para a bolsa de contratación de Turexpo Galicia

Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda. […]
15 de Marzo de 2022

Unha decena de empresas galegas participarán na xornada virtual da ITB Berlín

O Clúster impulsa a presenza galega no Dixital Business Day previsto para o 17 de marzo.   A iniciativa do Clúster Turismo de Galicia de incentivar […]
22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
17 de Febreiro de 2022

O Clúster colabora con BioCultura Coruña para promover o turismo sostible

A Feira de produtos ecolóxicos, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo en EXPOCoruña, prestará nesta edición unha atención especial ao ecoturismo.   Os […]