Golf Galicia

Asturias acolleu a derradeira proba golfista de clasificación antes da final, que terá lugar no campo Oca Augas Santas Balneario Club Resort o vindeiro mes de outubro.

O campo de golf de La Barganiza, en Asturias, acolleu a quinta proba clasificatoria do Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia, un torneo organizado Turismo de Galicia no que participan homes de máis de 55 anos e mulleres de máis de 50. Con esta proba pechouse a fase clasificatoria que se desenvolveu en cinco campos de golf doutras tantas comunidades autónomas españolas. A fase final terá lugar no campo de golf Oca Augas Santas Balneario Golf Resort, en Ferreira de Pantón, os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.

En total durante esta fase de clasificación participaron preto de 500 golfistas senior que participaron na modalidade de stableford scratch e hadicap individual. A iniciativa encádrase na aposta da administración pública para a desestacionalización deste deporte, promovendo a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vencellados ao turismo termal.

Por iso, ata o ano 2016 estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxias con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf en colaboración coa Federación Galega de Golf e a Asociación Galicia, Destino Golf, e tamén a creación de paquetes turísticos, ofertando golf, aloxamento, termalismo e gastronomía, especialmente para o colectivo sénior.

22 de julio de 2015

Rematada a fase clasificatoria do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia

Asturias acolleu a derradeira proba golfista de clasificación antes da final, que terá lugar no campo Oca Augas Santas Balneario Club Resort o vindeiro mes de […]
01 de julio de 2015

El Open de Golf Rías Baixas se consolida plenamente en el calendario amateur de verano

Con unas condiciones climatológicas envidiables y un estado del campo fantástico, el 6º OPEN de golf Rías Baixas Balneario de Mondariz contó con la participación de […]
10 de mayo de 2015

Este martes comeza o V Circuito Golf Senior Turismo de Galicia, que celebrará a súa fase final en Galicia

Estes días o turismo de golf foi o protagonista no Madrid Golf Experience Os recursos e produtos vencellados ao turismo de golf e a oferta turística […]