A Guía Michelin 2024 recoñece un ano máis a gastronomía española. Os galardoados desta edición foron anunciados durante a Gala 2024, celebrada no Centre de Convencions Internacionals de Barcelona (CCIB) a finais de novembro. A guía recoñeceu a 31 restaurantes con 1 estrela, destacando un restaurante galego.
O nome do xefe de cociña galego Brais Pichel sumouse ás novas estrelas concedidas este ano co seu restaurante Terra, localizado en Fisterra, en plena praia da Ribeira. Entra así nunha exclusiva cualificación que comparten aqueles que ofrecen “unha cociña de gran nivel, produtos de primeira calidade, coidadas elaboracións, sabores marcados e notable regularidade na confección dos pratos”.
Pichel volverá á súa casa para darlle un xiro ao seu negocio familiar e reformular, desde unha visión moderna, os sabores da Costa da Morte. O restaurante ofrece un único menú degustación de tempada, no que se escolle o mellor produto na súa mellor época, “buscando a esencia e respecto polo que nos rodea”.
Restaurantes con estrela Michelin en Galicia
Pontevedra
Culler de Pau – O Grove – 2 estrelas
Maruja Limón – Vigo – 1 estrela
Silabario – Vigo – 1 estrela
Eirado da Leña – Pontevedra – 1 estrela
Yayo Daporta – Cambados – 1 estrela
Pepe Vieira Camiño da Serpe – Poio – 2 estrelas
Casa Solla – Poio – 1 estrela
A Coruña
Terra – Fisterra – 1 estrela
O’Pazo – Padrón – 1 estrela
Árbore da Veira – A Coruña – 1 estrela
As Garzas – Malpica – 1 estrela
Retiro da Costiña – Santa Comba – 1 estrela
A Tafona – Santiago de Compostela – 1 estrela
Casa Marcelo – Santiago de Compostela – 1 estrela
Ourense
Ceibe – Ourense – 1 estrela
Restaurante Miguel González – Pereiro de Aguiar – 1 estrela
Nova – Ourense – 1 estrela