Actividades

  • A sesión celebrarase o 26 de maio, co título “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos”.

 

O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu compromiso coa sostibilidade e a adaptación ao cambio climático con colaborando na celebración de accións formativas e de difusión dirixidas a empresas turísticas. O webinar “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos” celebrarase o vindeiro luns 26 de maio ás 10:30 h, en formato en liña e de acceso gratuíto.

 

Organizada por eco-union en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, esta sesión ten como obxectivo dar a coñecer unha nova ferramenta gratuíta de autodiagnóstico de vulnerabilidade empresarial ao cambio climático. Deseñada para empresas turísticas, a ferramenta permite identificar os riscos climáticos específicos que afectan a cada negocio e obter recomendacións prácticas para planificar medidas de adaptación efectivas.

 

Durante o webinar, que terá unha duración de 30 a 45 minutos, explicarase o funcionamento desta plataforma, a súa utilidade como apoio na toma de decisións estratéxicas e como pode facilitar a resiliencia operativa fronte a eventos climáticos extremos ou cambios progresivos na contorna.

 

A sesión está aberta a todas as empresas do sector interesadas en mellorar a súa capacidade de resposta #ante os desafíos ambientais presentes e futuros. A inscrición débese tramitar a través do seguinte formulario.

21 de Maio de 2025

Clúster e eco-union colaboran na organización dun webinar para presentar unha ferramenta pioneira de autodiagnóstico climático para empresas do sector

A sesión celebrarase o 26 de maio, co título “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos”.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu […]
20 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia celebra esta semana dous workshops en Valencia e Oporto

Participan 26 entidades do sector, xunto con Turismo de Galicia, ‘Galicia Destino Sostible’ e Turismo de Sanxenxo.   Co obxectivo de seguir reforzando o posicionamento de […]
20 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia pon ao dispor dos seus asociados invitacións para a Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia 2025

A Bolsa ofrece a oportunidade de manter reunións axendadas con operadores turísticos nacionais e internacionais.   O Clúster Turismo de Galicia participará un ano máis en […]
14 de Maio de 2025

O Club de Produto Galicia Destino Sostible consolídase con máis de 130 empresas adheridas e 150 produtos

 A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está […]