turismo náutico

A escaseza dunha oferta básica de calidade en moitos puntos de Galicia con gran potencialidade para este tipo de turismo así como a falla de formación turística dos provedores de servizos foron aspectos que destacaron nas mesas redondas.

Vigo e máis concretamente a sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, foi o lugar escollido por Proturga para celebrar a terceira edición do seu foro, nesta ocasión adicado ao “Turismo Náutico e Mariñeiro en Galicia: Situación actual e retos para o futuro”. Un envento que contou con representación de entidades do sector público e privado relacionados con este tipo de turismo. A xornada dividiuse en 3 mesas redondas co obxecto de abordar o tema dende diferentes perspectivas e situacións:

  • 1ª Mesa: Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal.

  • 2ª Mesa: Iniciativas en Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino.

  • 3ª Mesa: Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro.

O Foro comezou coa inauguración do mesmo a cargo de Mª Ángeles Herrero Pérez (Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra), José Antonio Fernández Bouzas (Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) e Verónica Pichel Guisande (Presidenta de Proturga).

A continuación deuse paso á primeira mesa, Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal, moderada por Didier Maurice. Na mesma, os diferentes relatores puxeron de manifesto tres ideas fundamentais da actualidade do sector:

  • Ningún dos relatores está satisfeito co marco lexistativo actual para o turismo náutico, teñen que facer fronte a cánones e taxas demasiado elevadas, existe unha dependencia sectorial e estacional demasiado grande e políticamente non se apoia este tipo de turismo.
  • Existe unha gran falta de promoción do turismo náutico, séguese asociando o mar a turismo de sol e praia, polo que dende o propio territorio non se loita contra a estacionalidade nin se promove a diversificación.
  • O Turismo Náutico está ligado ao deporte aínda que esta realidade non se ten en conta á hora de impulsar este tipo de turismo como actividade deportiva.

De seguido comezou a segunda mesa, Iniciativas de Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino, moderada por Fátima Cachafeiro e na que se representaba o sector privado neste tipo de turismo. As conclusións desta mesa son as seguintes:

  • O marco lexislativo para este tipo de turismo é absolutamente perxudicial para o sector privado. Son moitas as trabas, dende a dificultade para atopar persoal profesional e capacitado ata para levar a cabo a unión tan lóxica entre turismo mariñeiro e gastronomía; pola imposibilidade de cociñar nos barcos e as dificultades para realizar talleres de cociña cos produtos capturados nese momento.
  • O maior punto forte deste tipo de turismo é a gran cantidade de recursos naturais, etnográficos, gastronómicos e culturais materiais e inmateriais que posúe Galicia.
  • O punto débil do Turismo Mariñeiro en Galicia é o gran descoñecemento destes recursos dentro da comunidade, a pouca valorización dos mesmos, e que se sigue comercializando o territorio como destino de sol e praia case exclusivamente.
  • É necesario concienciar aos propios galegos sobre os produtos relacionados con este tipo de turismo e da súa potencialidade, atraer o turista de proximidade e, máis adiante, converter Galicia nun referente internacional en Turismo Mariñeiro.

Na terceira e última mesa do evento, Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro, moderada por Fátima Rodríguez, déronse cita relatores relacionados coa intermediación. Nesta mesa e púxose de manifesto o seguinte:

  • Algunhas zonas de Galicia que presentan gran idoneidade para o Turismo Mariñeiro como é o caso da Costa da Morte presentan grandes problemas de comercialización por falta de oferta básica de calidade, poucas prazas de aloxamento, restaurantes que non cumpren as necesidades e expectativas do público obxectivo, etc.
  • Falta de formación turística nos provedores de servizos de turismo mariñeiro que non están relacionados co turismo (redeiras, mariscadoras, etc) e, polo tanto, xeración de malas experiencias nos turistas. A excepción desta afirmación é Guimatur, que é un caso de éxito que de momento non se repite en Galicia.

O maior debate da xornada xurdiu sobre as visitas guiadas de turismo náutico e mariñeiro. As dúas posturas que se puxeron de manifesto foron relacionadas coa persoa que dirixe esta actividade. Por un lado, defendíase que esa persoa fose un Guía Oficial de Galicia e, polo outro, os propios traballadores do mar. ¿Séguese pensando realmente que as profesións turísticas poden ser levadas a cabo por calquera persoa que non pertenza ó sector? ¿Qué opinades deste debate? ¿Ata cando estaremos desvalorizados os profesionais do turismo?

Asemade, leváronse a cabo outras actividades como a Degustación a cargo de “A Perla Illas Cíes” de patés de nécora e centola e galletas mariñeiras, a entrega do III Premio Proturga, que recaeu en Andrea Rey Roca, pola súa traxectoria profesional e colaborativa en turismo e un Xantar Networking no que os asistentes compartiron as súas inquietudes sobre o sector.

13 de mayo de 2015

O III FORO PROTURGA analizou os déficits do marco lexislativo actual do turismo náutico

A escaseza dunha oferta básica de calidade en moitos puntos de Galicia con gran potencialidade para este tipo de turismo así como a falla de formación […]
10 de diciembre de 2014

Representantes del Clúster Turismo de Galicia viajaron al Salón Náutico de París para fortalecer el Turismo Náutico gallego

Una representación del Clúster Turismo de Galicia vinculada al turismo náutico estuvo presente en el Salón Náutico de París, que se celebra en la capital francesa […]