Promovida por IBM, a multinacional presente en máis de 175 países, o obxectivo do curso é dar a coñecer as aplicacións e propostas que esta empresa pon ao servizo das empresas de nova creación na contorna da nube a través de novas plataformas cloud para a construción e despregamento áxil de aplicacións (IaaS e PaaS) así como establecer programas de colaboración entre emprendedores. Un encontro que, ademais, permitiralle ampliar o coñecemento desta potente multinacional do ecosistema de empresas de novas tecnoloxías presentes en Galicia.