A vindeira edición de La Vuelta Ciclista a España sairá de novo de Galicia, en concreto desde un balneario ourensán aínda por concretar. Neste primeira etapa, que será unha contrarreloxo por equipos, Ourense protagonizará a saída desta edición de La Vuelta, na que será a primeira das cinco etapas que trascorrerán en terras galegas ao redor das catro provincias. A proba deportiva, que tamén conta cun elemento importante de promoción turística,
Deste xeito, Galicia ocupará, unha vez mais, un lugar destacado neste gran acontecemento deportivo que conxuga a competición coa promoción turística por onde discorre.Deste xeito Galicia volve ser ser, por segunda vez nos últimos catro anos e por oitava vez na súa historia, punto de partida da principal proba ciclista do país, cifras as que hai que sumar que solo dous dos últimos 22 finais da ronda española tiveron lugar fora de Madrid e ambos foron en Santiago de Compostela. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, encargada de facer este anuncio, declaracou que a Vuelta ofrece á nosa comunidade unha vez máis unha oportunidade única para continuar coa traxectoria de internacionalización do destino Galicia.
Nava Castro referiuse a este evento deportivo como “unha magnifica ferramenta para dar a coñecer as variadas paisaxes, a sorprendente natureza, a excelente enogastronomía e o noso importante patrimonio cultural diseminado por toda a xeografía galega”. Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que La Vuelta constituirá unha carta de presentación da nosa oferta turística a nivel internacional.