Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Turismo de Galicia lanzan unha segunda campaña de adhesión ao Arbitraxe de Consumo

Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Turismo de Galicia lanzan unha segunda campaña de adhesión ao Arbitraxe de Consumo

Nas vindeiras semanas técnicos desta organización visitarán Vigo, A Coruña e Santiago para dar a coñecer o funcionamento deste servizo

Co obxectivo de dar a coñecer mellor o sistema que regula o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo, en funcionamento desde outubro de 2013, e, máis concretamente a Arbitraxe de Consumo como opción para a solución das controversias xurdidas entre usuarios e empresarios ou profesionais entre os establecementos e empresas turísticas de Galicia, a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia está a desenvolver unha segunda campaña informativa e de adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo que lle levará nesta ocasión polas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Nas vindeiras semanas, técnicos desa organización realizarán visitas a diferentes establecementos agrupados en asociacións e federacións para informarlles de maneira personalizada sobre este sistema, como opción para a solución das controversias xurdidas entre usuarios e empresarios ou profesionais do sector.

Xa na pasada edición desta campaña adheríronse a este sistema 700 novos establecementos do total de 10.000 establecementos adheridos actualmente en Galicia, dos cales xa máis de 850 pertencen ao sector turístico. Esta fórmula de resolución extraxudicial de conflitos, que funciona en Galicia desde 1996, contribúe así á mellora da calidade dos servizos prestados, o que sen dúbida redundará na mellora do sector turístico da nosa Comunidade.

Aquí podes descargarte o formulario de adhsesión, tanto para as asociacións como para as empresas así como a información da campaña tal como os dereitos dos usuarios de turismo ou o formulario estándar de reclamación para os establecementos turísticos

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn