Un total de 104 viños acadan os premios otorgados pola Asociación de Sumilleres Gallaecia

Un total de 104 viños acadan os premios otorgados pola Asociación de Sumilleres Gallaecia

Logo de superar diferentes fases do concurso, finalmente foron 106 os viños que alcanzaron as Distincións Gallaecia, segundo anunciou a Asociación de Sumilleres Gallaecia trala finalización do concurso, no que tomaron parte un total de 593 viños de todas as denominacións de orixe galegas, unha cifra que supón unha marca de participación nun concurso oficialmente recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

A proba definitiva desta 17ª edición celebrouse os días 31 de agosto e 1 de setembro na Casa Cazoleiro de Meira (Lugo). Unha cata final que estivo a cargo de membros de Gallaecia e técnicos do cinco consellos reguladores que deron como gañadores a 26 viños da D.O Ribeiro, 23 da D.O Valdeorras e outros tantos da D.O Rías Baixas, 17 de Monterrei e outros tantos da D.O Ribeira Sacra.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn