Turismo de Galicia insta aos concellos da Vía da Prata a crear unha mesa de traballo que funcione como órgano coordinador desta ruta xacobea

Turismo de Galicia insta aos concellos da Vía da Prata a crear unha mesa de traballo que funcione como órgano coordinador desta ruta xacobea

No trascurso da presentación do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago en Ourense aos alcaldes dos concellos polos que pasa a Vía da Prata, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, animounos a traballar de forma coordinada e cun mesmo obxectivo para chegar á celebración do Ano Santo 2021 nas mellores condicións.

Durante a xuntanza, na que participou tamén o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Nava Castro animounos a constituir unha mesa de traballo da Vía da Prata que exerza como órgano coordinador desta ruta xacobea. Neste sentido, Castro resaltou a importancia da coordinación interadministrativa e o compromiso de todos os axentes implicados para levar a cabo as actuación abordadas no Plan Director do Camiño e conseguir, así, os obxectivos fixados: acadar no 2021 un Camiño de Santiago xestionado integralmente por todas as administracións e axentes implicados, hospitalario, sostible social, económica e medioambientalmente, protexido e conservado, que satisfaga as necesidades do peregrino e cumpra as súas expectativas, conectado globalmente e accesible, xerador de coñecemento e que internacionalmente a marca Galicia.

Durante o encontro, a responsable de Turismo da Xunta presentou os diversos plans de acción que recolle o Plan Director para a mellora e o mantemento da Vía da Prata, que segue incrementando o número de peregrinos, e entre as que destacou a creación do novo albergue de peregrinos público da cidade de Ourense que reforzará a infraestrutura da Vía da Prata mellorando a súa capacidade de acollida aos peregrinos.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn